A Fonsagrada, 20 de setembro de 2014. –O voceiro do PP en A Fonsagrada, Tobías Martínez, denunciou esta mañá as promesas incumpridas de Gómez Besteiro no tocante a residencia de A Fonsagrada, quen, antes das eleccións municipais desplazouse a localidade para prometerlle aos veciños a construción da infraestrutura pero a día de hoxe está sen rematar.
Tobías Martínez afirma que estamos ante un incumprimento, total e absoluto de Gómez Besteiro, quen acudíu ao municipio a vender fume e a enganar aos fonsagradinos, prometéndolles unha residencia da que non dispoñen a día de hoxe.
O popular denuncia que Gómez Besteiro se mofe dos veciños de A Fonsagrada e que este anuncio electoral se quedase en meras palabras e sen levarse a cabo, e alerta de que volva a acontecer o mesmo de cara as eleccións municipais de 2015.
Tobías Martínez afirma que esta acción demostra que a residencia non é prioridade para Gómez Besteiro nin tampouco para o rexedor do municipio, polo que insta ao alcalde, Argelio Fernández, a urxir a Gómez Besteiro a poñer a disposición dos veciños esta infraestrutura.
BREVE CRONOLOXÍA
O voceiro popular explicou que a residencia de A Fonsagrada está prometida dende o ano 1995, polo ex alcalde independente. Este rexedor contou con preto de 600.000 mil euros doados por unha Fundación para levala a cabo pero esta cantidade económica “invertiuse en escombro” posto que unha vez feito o edificio tivo de derrubarse.
Engadiu Tobías Martínez que o equipo de Goberno da Deputación de Lugo leva as dúas lexislaturas prometendo, en época electoral, a construción da residencia pero oito anos despois non está acabada, o que indica que non é prioridade para Gómez Besteiro.
Alerta o popular de que Besteiro siga con esta tónica e faga o mesmo este ano, posto que se aproximan as eleccións municipais.