Partido Popular de Lugo

PP de Pol salienta os 40.000 euros que destina a Xunta para a adquisición dunha motoniveladora

Pol 19 de setembro de 2014.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, salientou hoxe os 40.000 euros que destinou a Xunta de Galicia para a adquisición dunha máquina motoniveladora.

Lenza López manifestou que nun pleno extraordinario aprobouse un convenio de colaboración entre o concello de Pol e da Pontenova para a xestión compartida dos servizos de adquisición de dita máquina.

A presidenta local explicou que a Área de Presidencia destinou 40.000 euros, dos 80.000 que custou a motoniveladora, para que ditos municipios se beneficien do servizo.

Afirma a popular que esta actuación contrasta co sectarismo e partidismo que aplica o Señor Besteiro na Deputación de Lugo, quen só beneficia aos municipios da súa cor política e proba disto viuse no plan de emprego.

A Xunta de Galicia, conclúe María Ángeles Lenza López, volve a demostrar que non discrimina a ningún concello, malia a non estar gobernado polo PP.