Mondoñedo, 17 de setembro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo denuncia un novo exemplo da “errática” planificación do tráfico por parte do bipartito local (PSOE e BNG) e que se deu durante a celebración das festas dos Remedios.
Os populares critican a “incoherencia” na xestión por parte de nacionalistas e socialistas. Cortan o paso ao tráfico rodado en rúas do casco histórico durante días, que segundo o PP, “non hai actividades en Mondoñedo e polo tanto menos xente”, e non o fan “en datas que hai aglomeración de persoas, como é durante as celebracións das festas”.
Dende o Partido Popular explican que se está ante una mostra máis da “pouca preocupación” e do “pouco traballo” do equipo de goberno local, que “está desconectado da dinámica do concello”.
Esta situación, segundo transmiten os populares, suscitou o malestar por parte dos participantes, da hostalería e dos veciños, que “nos trasladaron a insensibilidade do equipo de goberno local”.
Deste xeito, os populares conclúen que o tráfico continúa a ser unha materia que suspende de forma recorrente o PSOE e o BNG, que “nin se enteran” das necesidades que hai en Mondoñedo e “nunca están cando os necesitamos”.