O secretario xeral dos populares lucenses e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro acompañado dos alcaldes, portavoces e deputados populares da comarca, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para agradecer e poñer en valor a decisión do Goberno galego de investir 112.500 euros na redacción do Plan director para a ampliación do centro hospitalario da Mariña lucense.
“O Plan director é un paso moi necesario e garante un novo modelo de Hospital da Costa, para unha nova época: máis amplo, máis moderno e con mellores servizos” –indicou Balseiro- lembrando que coa redacción deste documento técnico que incorpora o proxecto construtivo se estaría a blindar unha actuación que busca dotar ao centro de máis capacidade para prestar un servizo público de calidade, en mellores condicións asistenciais e en mellores condicións de confort hospitalario.
IMPULSO DO PP COMARCAL
Balseiro explicou que o desbloqueo deste proxecto supón “unha nova moi esperada polos veciños e demandada polos populares. Nese camiño, sinalou como decisivo o papel xogado polo Partido Popular da comarca, “de tal xeito que desde aquí se impulsaron, diversas iniciativas, tanto nos plenos municipais, como no propio Parlamento de Galicia que serviron para estimular a acción do Goberno e dar a coñecer a importancia de, a pesar das dificultades, seguir avanzando neste proxecto.
AS PROMESAS CONVÉRTENSE EN REALIDADES
Pero os populares tamén quixeron salientar o papel xogado polo propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, en repetidas ocasións, manifestou que a ampliación do hospital constitúe un compromiso pendente coa Mariña. Feijóo, como perfecto coñecedor das limitacións estruturais das actuais instalacións e a importancia da área sanitaria da comarca, con máis de 100.000 usuarios potenciais, foi quen de converter unha promesa en realidade.
MELLORA NO PRAZO DE EXECUCIÓN DO PLAN DIRECTOR
Balseiro non tivo reparos en recoñecer o retraso que, durante o último ano, mantivo a tramitación administrativa do proxecto e sinalou que, sen negar esta realidade, tamén hai que ser consciente da complexidade técnica dun plan destas características e sobre todo das restricións orzamentarias que, consecuencia da crise, afectan a todas as administracións. Con todo si quixo sinalar que, “por primeira vez en case 30 anos de historia do noso centro hai un proxecto en marcha para a ampliación integral do Hospital da Costa”
Respecto do ritmo de execución tamén salientou o feito de que a adxudicación ten mellorado o prazo para a elaboración do Plan director, que pasa dos seis meses iniciais a tan só catro meses como máximo. Tempo durante o cal, a empresa adxudicataria terá que avaliar, planificar e elaborar o proxecto construtivo. “Estamos” –salientou Balseiro- “no punto inmediatamente anterior á licitación e posterior adxudicación das obras e iso e, como vimos insistindo, é un paso decisivo”
Os populares rematan lembrando que, “en contraposición coa falta de iniciativa e de vontade do bipartito, cando gobernaron, Feijóo cumpre a súa palabra e baixo a súa presidencia elaborouse un novo plan funcional (2012), licitouse o plan director (2013) e adxudicouse (2014) e será tamén un Goberno popular quen impulse o proxecto construtivo, un compromiso que desde o PP sitúan como prioridade de goberno. “Fronte a propaganda temos a realidade dos feitos”- conclúe Balseiro
A PSOE E BNG SE LLES ESGOTOU O DISCURSO DO MIEDO
Fronte ás críticas da oposición, os populares sinalan que co acordo impulsado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, demostra que sabe que a sanidade pública da mariña precisa de realidades concretas e por iso hoxe non estamos a falar dunha posibilidade, ou de fume, “senón dun feito: un acordo firme do goberno galego, dotado de respaldo orzamentario suficiente (112.530€) e de execución inmediata”
Dixo tamén estar convencido de que PSOE, BNG e os seus afíns “están nerviosos e molestos” co avance do proxecto de ampliación “porque se lles esgota o discurso do medo que aplican en materia de sanidade” e sinala que a oposición pasou de dar por seguro o peche do Hospital a non ter máis remedio que reclamar cartos para as obras, “o que supón un avance.”
“Socialistas e nacionalistas sempre tiveron un comportamento profundamente irresponsable en materia de sanidade. Pero os mesmos que anunciaban e repartían panfletos, non fai tanto tempo, alertado do peche do hospital, hoxe non teñen máis remedio que recoñecer que o PP da Xunta está dando os pasos para facer realidade a ampliación do centro”