Partido Popular de Lugo

Cubillas agradece os máis de 17.000 euros que destina a Xunta para acondicionar unha ruta de sendeirismo en Láncara

Láncara 24 de agosto de 2015.- O voceiro do Partido Popular de Láncara, Santiago Cubillas, quixo agradecer hoxe o forte compromiso do goberno da Xunta de Galicia co municipio e resaltou os máis de 17.000 euros que destinará o goberno galego a acondicionar unha ruta de sendeirismo na localidade.

En concreto, o popular explicou que esta senda peonil comunicará A Pobra de San Xiao e permitirá de novo regresar a capitalidade municipal a través dun percorrido distinto ao da ida e que descorrerá á beira do río.

Santiago Cubillas resaltou esta achega económica do goberno popular da Xunta de Galicia que permitirá poñer en valor os recursos naturais que ofrece o municipio e, deste xeito, contribuirase a construír un novo reclamo turístico.

O voceiro dos populares tamén fixo fincapé nas actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia en varios treitos das estradas LU-621, que comunica a Pobra de San Xiao con Láncara e Baralla, e na LU-622, que enlaza Láncara con Sarria.

Cubillas destacou a importancia destas obras e solicitou ao goberno galego que este compromiso se siga a facer patente e se continúen acometer actuacións nestas dúas estradas co obxecto de darlles unha solución integral a estas infraestruturas viarias.

O voceiro dos populares explicou que as actuacións leváronse a cabo nos puntos de maior dificultade para a circulación como son entre a Pobra de San Xiao e Ariz; a travesía de Láncara-Villa e dende Carracedo a Armea.