Partido Popular de Lugo

Candia lembra que o GPP pediu a Besteiro doar o material médico do San José a asociacións sen ánimo de lucro

Lugo 14 de agosto de 2014.- Logo de que hoxe se publique no Boletín Oficial da Provincia o prego de condicións para a cesión gratuíta dos bens mobles do San José, a voceira do PP na Deputación de Lugo lembra que o GPP pediu a Gómez Besteiro doar o material médico de dito hospital a asociacións sen ánimo de lucro.

Candia lembra que foron os populares, quenes no pleno provincial do pasado mes de xuño levaron unha moción na que pedían que se doase material médico a asociacións sen ánimo de lucro, xa que existían peticións de entidades sociais que non foran atendidas.

Conclúe a voceira popular na Deputación de Lugo lembrando que o Equipo de Goberno votou en contra de dita moción, na que tamén se pedía que se elaborase un inventario específico con todos aqueles instrumentos sanitarios que reunisen todas as condicións necesarias para a súa posterior doazón a algunha entidade con fin social.