Partido Popular de Lugo

O PP de A Pobra denuncia o mal estado do río Saa ao seu paso polo casco urbano

Pobra do Brollón 13 de agosto de 2014.- O voceiro do PP en A Pobra de Brollón, Fernando Parada, denunciou esta mañá o mal estado que presenta o río Saa ao seu paso polo casco urbano do municipio.

Parada afirma que o río leva meses sen limpar polo que está totalmente invadido pola maleza; unha situación, di, que impide o baño aos cidadáns e que presenta certo perigo pola acumulación de animais.

Asemade, o popular manifesta que esta situación é esteticamente deplorable e lamenta a imaxe que levan os turistas da zona, posto que son moitos os visitantes que se achegan ao lugar e se encontran con esta nefasta estampa.

O popular urxe ao rexedor a atender ao concello e a limpar, inmediatamente, toda esa maleza que está invadindo o río.