Burela, a 8 de agosto de 2014.- O Concello de Burela comenzou a dar pasos para poñer en marcha a administración electrónica, segundo manifestou o alcalde, José María González Barcia, quen engadiu que “a principios de 2015 confiamos en que estea en gran parte operativa”.
González Barcia dixo que “a partires do un de xaneiro do vindeiro ano, coa entrada en vigor da Lei de Transparencia, temos que cumprir unha serie de parámetros que nestes momentos non cumplimos. Cumplilos pasa por poñer en marcha a administración electrónica, e polo tanto estamos comenzando o procedemento administrativo para elo”.
O alcalde manifestou que “as administracións, tamén os concellos, temos que ser máis eficientes e tentar reducir o gasto en materia administrativa, ademáis de ser máis transparentes.
Temos que buscar maior axilidade na tramitación dos expedientes, con seguemento electrónico dos mesmos; temos que buscar que os administrados poidan presentar documentos vía electrónica sen ter que vir necesariamente ó concello; hai que facilitarlle ó cidadán que poida coñecer en tempo real cál é o estado de tramitación do seu expediente; hai que implantar a posibilidade de presentar as facturas electrónicamente, etc., de forma e maneira que ganemos en eficacia e eficiencia”.
Barcia indicou que “nas últimas semanas contemplamos distintos escenarios, coñecimos algunha experiencia, e á vista da información da que disponemos decidímonos a dar un paso adiante, máxime visto que o Innóvate da Deputación non se dá posto en marcha desde que se empezou a falar del, en 2009, xa que de feito está totalmente paralizado”.
Igualmente, manifestou que “vamos con retraso neste campo, e somos conscientes; outros concellos, no seu momento, ‘pasaron’ da Deputación e agora téñena funcionando a mui baixo custo; os que optamos por agardar pola Deputación, ó final temos que optar pola autoxestión da implantación da administración electrónica, que, evidentemente, abre unhas portas enorme cara ó futuro”.
González Barcia aclarou que “a súa posta en funcionamento será paulatina; concellos que levan tempo, máis dunha década, aplicando esta ferramenta, non a teñen ainda aplicada de todo, non teñen esgotadas todas as posibilidades desta ferramenta, polo que nos guiaremos polos criterios que marca a propia lexislación e os que nos indiquen os técnicos competentes”.
Finalmente, Barcia asegurou que “o que fixo a Deputación foi un engañabobos: dixitalizar o rexistro municipal e para de contar; a Deputación adxudicou o Innóvate, que custou na súa totalidade nove millóns de euros e que xenerou polémica, e resulta que os concellos que, coma Burela, se sumaron ó proxecto, a día de hoxe, e logo de reiteradas consultas e peticións á Deputación, non viron que se fixera nada máis ó respecto. Eso sí, fixeron unha web sobre o noso concello que está sin actualizar desde marzo de 2010. O concello de Burela acolleuse ó INNÓVATE, traballou e se implicou, pero os resultados son nulos. Se a Deputación distribuise os nove millóns de euros do INNÓVATE entre os concellos da provincia, seguro que salía máis barato e xa estábamos todos coa administración electrónica funcionando”.
O alcalde dixo que agarda que “esta ferramenta sexa realmente unha canle de comunicación entre administrador e administrado e que axilice trámites”.