Cervo, 7 de agosto de 2014.- O voceiro do Grupo Municipal Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que veñen de rexistrar unha moción para o seu debate no próximo Pleno municipal a fin de apoiar as reformas legais necesarias para que acceda á alcaldía a forza política máis votada.
Balseiro argumentou que, con este este cambio garantirase «o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns», e lembra que esta fórmula -plenamente democrática nun contexto de representación maioritaria- xa se aplica en países como Portugal ou Francia.
«Non ten sentido que pactos entre perdedores feitos nos despachos desvirtúen a vontade do pobo expresada nas urnas. Non é aceptable que se busque evitar a posteriori que o partido que obtén unha ampla maioría dos votos non acceda á alcaldía desoíndo o que dixeron os cidadáns»,
Balseiro lembra que que non é a primeira vez que esta medida pasa a debate político a nivel nacional, xa que fora suscitada nos programas electorais de PSOE (2004) e PP. Ata foi levada dúas veces ao Congreso dos Deputados por UCD e o PSOE
O voceiro popular Jose Manuel Balseiro conclúe dicindo “é un principio básico en democracia que o que gañe, goberne. A xente quere que o seu voto vaia para elixir aos alcaldes e que non sexa invalidado nos despachos logo de abrir as urnas”