Lugo 7 de agosto de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou que o grupo provincial popular ven de rexistrar esta mañá unha moción para pedir goberne o candidato á alcaldía máis votado.
Candia afirmou que a idea dos populares é que o voto dos cidadáns se vexa reflectido nos resultados e que non sexan arranxos de despacho entre listas perdedoras que moitas veces, por moi poucos votos, impediron que votara a lista gañadora.
Neste senso o grupo provincial popular intentará impulsar o que xa levaba o Partido Popular no seu programa electoral, e que tamén incluía no programa para as xerais e que, ademais, tamén levou no seu momento o PSOE, no seu programa das xerais de 2004: a posibilidade de que goberne aquela lista que obteña máis votos.
Concluíu a popular manifestando que o seu grupo traballará por chegar a un acordo e facer que iso sexa unha realidade e que esa participación directa para conseguir que nas eleccións municipais o cabeza da lista máis votada sexa quen teña a posibilidade de ser alcalde vaia para adiante.