Partido Popular de Lugo

O PP de A Pobra de Brollón denuncia o mal estado da área recreativa situada na estrada da Cereixa

Pobra do Brollón 5 de agosto de 2014.- “Repleta de maleza e totalmente abandonada”. Así se atopa a área recreativa ubicada na estrada de A Cereixa, en Pobra de Brollón. Unha situación que levou ao voceiro do PP neste municipio a denunciar esta situación, posto que ademáis de presentar unha imaxe nefasta a vista impide que os cidadáns fagan uso da mesma.

Fernando Parada criticou que este entorno natural, de titularidade municipal e situado ao carón do río, se atope neste estado deplorable dende fai aproximadamente tres meses e achaca esta situación a total e absoluta pasividade por parte do rexedor.

O popular insta ao alcalde a que atenda ao municipio e limpe e acondicione esta zona para que todo aquel que o desexe poida facer uso da mesma.