Lugo 4 de agosto de 2014.- Logo de ser coñecedores de que a Deputación de Lugo deixou a medio facer unha obra que une a parroquia de A Ferreirúa, en Pobra do Brollón, coa estrada comarcal que vai ata O Incio, o grupo provincial popular anuncia que na vindeira sesión plenaria provincial, formulará unha pregunta a Gómez Besteiro para que explique a razón de deixar a medias esta construción.
Os populares non entenden o motivo polo que o Ente Provincial empezou a obra e non a finalizou e lamentan que agora sexan os veciños do lugar e conductores que pasan pola vía, os que padezan as consecuencias desta decisión da Deputación de Lugo, xa que a estrada está nunha situación dificultosa para todos, e en definitiva, peor do que estaba antes.
Asemade, o grupo provincial popular e o Partido Popular de A Pobra do Brollón trasládanlle aos veciños que se poñen a súa total disposición no que atañe a esta infraestrutura.