Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo agradece a Gallardón o mantemento dos partidos xudiciais e de tódolos xulgados

Lugo 1 de agosto de 2014. O PP de Lugo agradeceu esta mañá ao Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, que atendese a Galicia e se manteñan os partidos xudiciais e tódolos xuzgados e destacou o traballo do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo pola súa total implicación neste tema.

Nunha rolda de prensa, ofrecida polo presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e polo deputado nacional, Jaime de Olano, e na que estiveron presentes senadores, deputados nacionais, alcaldes e voceiros de concellos cabeceira dos partidos xudiciais, os populares agradeceron ao titular de Xustiza que escoitase as singularidades de Galicia para facer posible o mantemento de tódolos partidos xudiciais e xuzgados.

Destacaron a labor e o traballo do presidente da Xunta, neste eido, quen se “implicou a fondo” para que se mantivesen tódolos partidos xudiciais de Galicia e para garantir con éxito o principio de tutela xudicial efectiva.

Os populares afirman que o acordo blinda a continuidade dos partidos xudiciais existentes na provincia de Lugo (Chantada, Becerreá, Sarria, Lugo, Vilalba, Viveiro, Monforte, Fonsagrada e Mondoñedo) “quenes obedecen a unha tradición xudicial e xurisdicional”, polo que “consideran que os partidos xudiciais existentes deben permanecer malia a que se introduzcan flexibilidades necesarias”.

Neste senso, explicaron que os Tribunais de instancia permitirán reorganizar a carga de traballo entre os diferentes xuzgados, que actuarán baixo un único órgano e o criterio de flexibilidade ao que estarán sometidos os partidos posibilitará o traslado de asuntos de un a outro, sempre dentro do área dun mismo tribunal de instancia.

Neste sentido indicaron que “si en Monforte, por algunha circunstancia existe sobrecarga de traballo poderase derivar algún asunto concreto ao Xuzgado de Chantada, no caso de que este esté máis liberado de traballo”.

Finalizaron os populares manifestando que con estas melloras e coas que se poidan tramitar nas cortes xerais lograrase o obxetivo final de dotar de máis calidade ao servizo público da xustiza.

VALORACIÓN CPFF

O presidente provincial e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro fixo unha valoración sobre o CPFF e salientou o acordo de ampliar o plazo de devolución das transferencias ás CCAA de dez a vinte anos, que en Galicia supón uns 150 millóns de euros.

Manifestou que esta circunstancia debeuse a mala xestión e aos erros do PSOE, quenes provocaron que ás Comunidades Autónomas, por algo que non lles competía, tivesen que devolver o cartos e evitaban non adicalos a outras funcións.

Concluíu Barreiro lembrando que cando Mariano Rajoy chegou ao goberno tratou de correxir esta circunstancia ampliando estes plazos de devolución e agora dase unha nova ampliación de dez anos máis.