Partido Popular de Lugo

O GPP apoia que se continúe a construción da autovía A-56 e resalta a boa predisposición de Fomento

O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo apoiou esta mañá que se continúe a contrución da autovía A-56 que enlaza Lugo e Ourense a que se referiu como de “necesaria e prioritaria” ao tempo de resaltou a boa predisposición do Ministerio de Fomento.

Os populares explicaron durante a defensa da iniciativa plenaria que o Ministerio de Fomento considera prioritario e está comprometido co desenvolvemento da autovía A-56, que conectará Ourense con Lugo. En coherencia con isto, esta actuación, -informaron dende o Grupo Provincial do Partido Popular- atópase recollida no Plan de Infraestruturas, Transporte e  Vivenda 2012-2024 (PITVI).

Neste senso, os populares apoiaron esta proposta tendo en conta que tanto os alcaldes afectados por esta nova infraestrutura como o Goberno do Estado actual consideran importante este itinerario.

Actuacións de Fomento na autovía

Os populares explicaron  que o pasado mes de maio, o propio secretario de Estado de Infraestruturas falou da intención de Fomento de priorizar este itinerario para axilizar a licitación dos tramos Ourense-Cambeo e Cambeo-San Martiño da futura A-56.

A maiores, o proxecto non está nin esquecido, nin paralizado, senón que se van dando pasos de cara a súa execución, aseguraron dende o Grupo Provincial do Partido Popular, que explicou que o actual Ministerio aprobou o ano pasado o trazado entre as terras de Chantada e as proximidades de Ourense e o tramo entre San Martiño e A Barrela.

Por outra parte, a Xunta de Galicia xa ten mostrado o seu interese por impulsar estas obras que considera transcendentais para vertebrar o interior galego, tarefa na que o Goberno de Galicia está a traballar coa execución da vía de alta capacidade entre Nadela-Sarria-Monforte de Lemos, que afronta o seu último tramo entre Sarria e Monforte de Lemos.

Polo tanto, o Grupo Provincial do Partido Popular ao igual que o Goberno Central consideran importante esta infraestrutura, que lóxicamente ao igual que fixo o PSOE, está supeditada ás dispoñibilidades orzamentarias, matizaron dende o GPP.