O Partido Popular do Incio quixo manifestar hoxe a súa satisfacción e agradecemento á Xunta de Galicia pola inminente construción dunha nave destinada a almacenaxe e coidado de maquinaria e materiais para o mantemento de estradas de titularidade autonómica para a zona centro sur da provincia.
O Partido Popular do Incio explicou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xa empezou o acondicionamento do terreo no que se levantará este edificio.
Os populares dan a coñecer que a finca que albergará a futura nave localízase a altura de Magnesitas no Concello de O Incio en concreto, nunha parcela de titularidade autonómica ubicada entre a LU-546 Lugo-Monforte e a Vía de Alta Velocidade Lugo-Monforte.
Deste xeito, os populares agradecen esta actuación da Xunta de Galicia no municipio e que responde a unha petición do Partido Popular do Incio.
En resumo, a Xunta de Galicia unha vez máis amosa o compromiso coa provincia e coa localidade, neste caso, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas coa inminente construción desta nave.