Partido Popular de Lugo

Os deputados do PP confirman a celebración a semana pasada da Mesa de Contratación previa á adxudicación do Plan Director

Os deputados do Partido Popular na Mariña lucense, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra confirmaron hoxe, logo de interesarse por esta cuestión ante a Consellería de Sanidade, que a semana pasada tivo lugar a Mesa de Contratación previa á adxudicación do Plan Director do Hospital da Costa

“Se están a cumprir, polo tanto, os trámites administrativos comprometidos e que darán lugar á selección da empresa encargada de redactar este proxecto. Un proxecto ambicioso e complexo, como é o Plan Director”

Os parlamentarios explican que o Plan Director é o documento que deseñará a obra de remodelación e ampliación do centro hospitalario da Mariña lucense: determinará as actuacións a executar, os espazos, os servizos a tecnoloxía necesaria.

Balseiro e Vidal Martínez-Sierra xulgan moi positivo que a Xunta desbloquee este proxecto e que se estean a dar os pasos necesarios e imprescindibles para que o gran compromiso do Presidente da Xunta coa comarca poida ser unha realidade.

ONCOLOXÍA TRAS O VERÁN

“Como xa é unha realidade a obra da nova unidade de oncoloxía”- din desde o PP. Balserio e Martínez Sierra fan referencia ás informacións os responsables do SERGAS confirmaban onte mesmo e nas que indicaban  que as obras marchan a bo ritmo e que a previsión é que os pacientes de cancro poidan ser atendidos no Hospital da Costa á volta do verán.

Neste caso concreto, os deputados lembran que é un servizo moi demandado, que evitará desprazamentos e que o propio Partido Popular demandou e impulsou e desde o Parlamento de Galicia e os concellos

“Hai quen día tras día desde algún partido político pon en dúbida os compromisos do Partido Popular co hospital pero feitos son realidades e pronto a finalización da obra de oncoloxía dará e quitará razóns”

QUIRÓFANOS E LISTAS DE ESPERA

Por outra banda, os populares sinalan tamén que hai dúas novas razóns para felicitarse tras constatar outras dúas novas positivas: a obra de reforma integral dos quirófanos, a primeira nos últimos 28 anos que se levará acabo durante o mes de agosto

E tamén as boas cifras de lista de espera que coñecemos onte: “O hospital atende máis e máis rápido, cos mellores datos da última década. O hospital da Costa é o que máis reduce as súas listas de espera de toda a provincia”.