Partido Popular de Lugo

O PP de Pobra de Brollón insta ao alcalde a que realice actuacións de limpeza e mantemento no Camiño de Inverno

O Partido Popular da Pobra de Brollón leva para o debate na próxima sesión plenaria local unha moción na que insta ao Concello a que acometa as labores de mantemento, limpeza e desbroce no tramo do Camiño de Inverno, que transcurre polo municipio.

O voceiro dos populares, Fernando Parada, explica que existen treitos desta ruta moi mal coidados e no que se acumula a maleza; ata o punto de dificultar o tránsito dos peregrinos.

En concreto, Parada matiza que o tramo que suscita maiores queixas é o que transcorre dende a capital municipal cara a Cereixa, onde se acumula a maleza, que incluso chega a cubrir as sinais indicadoras do trazado do Camiño.

O alcalde dá as costas ao turismo

Parada explica que o Camiño de Inverno convértese nunha importante oportunidade turística para o Concello da Pobra de Brollón, ao permitirlle mostrarse aos camiñantes que a diario recorren  esta ruta.

Neste senso, os populares reproban que a falta de coidado e deixadez do goberno local está a crear unha moi mala imaxe no peregrino.

Así, os populares pediranlle en pleno ao alcalde que reconsidere a súa actitude e realice as actuacións necesarias para manter coidado o Camiño. “Estamos ante unha moi importante oportunidade turística, que o nacionalista está a desbotar por unha falta de actitude involucrada co concello”.

“O voto en contra a esta moción, implicaría que ao alcalde non lle interesa a dinamización turística e polo tanto económica do municipio”, reproba o popular, quen engade que “temos no Camiño unha oportunidade que estamos a desaproveitar”.

A Xunta dotou ao Concello dos medios persoais necesarios

Neste senso, Parada lembrou que o municipio dispón dos medios persoais necesarios para realizar estes acometidos ao serlle concedido pola Xunta de Galicia preto de 32.000 euros para a contratación de seis brigadistas forestais.

Fernando Parada recalcou que o obxectivo destas brigadas municipais é desenvolver accións de prevención contra os incendios, como son os acometidos de limpeza e desbroce.