A presidenta e voceira local do Partido Popular, Elena Candia, celebrou hoxe que a Xunta atenda as demandas formuladas polos veciños de Mondoñedo e acometa a mellora e limpeza do río Valiñadares ao seu paso polo municipio.
Os populares agradecen a implicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, que hoxe mesmo vén de anunciar o inicio das obras neste espazo fluvial de grande importancia ambiental e paisaxística.
Neste caso concreto, as actuacións a executar centraranse na retirada de árbores caídas, que constitúen un obstáculo, así como a protección do estribo da ponte, ao tempo que se farán pequenos e puntuais traballos silvícolas e de conversación e mantemento.
Candia explica que o Grupo Municipal mantivo contactos cos veciños desta parroquia para interesarse polas actuacións a acometer e que foron demandadas por escrito e agradeceu a sensibilidade do actual Goberno galego co concello de Mondoñedo, que está a recibir importantes boas novas cos reiterados apoios da Xunta de Galicia.