Partido Popular de Lugo

PP de Pol non ve acertado que o rexedor reduza a partida destinada a persoal laboral

Pol 18 de xullo de 2014.- A presidenta e voceira do PP de Pol, Ángeles Lenza, manifestou esta mañá que non ve acertado que o rexedor reduza en 8.000 euros a partida destinada a persoal laboral e sen embargo aumente a partida externa.

A popular pregúntase por qué Lino Rodríguez decide tomar esta decisión, máis, cando o ano pasado, non se puido contratar a dúas persoas pola súa nefasta e nula xestión e estaba en contra de privatizar servizos.

Neste senso, Lenza López lembra que no 2013, dúas persoas do municipio non puideron ser contratadas para desenvolver labores nas piscinas por culpa do rexedor, quen estivo “vitimeando” e culpando aos demais de que tivo que recorrer a empresas externas.

“Este ano, e para non repetir a súa nula xestión, podía facer as cousas ben pero non o fai”- critica a popular, quen afirma que o rexedor se contradice e no está antepoñendo os intereses do municipio.

DESBROCES
A presidenta do PP de Pol ve lamentable que o rexedor veña agora queixándose desta situación cando renunciou a brigada forestal que lle subvencionaba a Xunta de Galicia, un servizo que xa incluía desbrozamentos e limpeza de maleza.

Denuncia ademáis, que esta circunstancia privou ao Concello dun investimento de máis de 30.000 euros para a contratación de entre 4 e 6 traballadores, cun 75% do seu custe salarial subvencionado pola Administración Autonómica.