Lugo, 18 de xullo de 2014.- Tra la xuntanza levada a cabo pola Deputación de Lugo en Vilalba sobre os orzamentos participativos, a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, puxo de manifesto que “xustamente o que os veciños da comarca da Terra Chá lle pediron a Gómez Besteiro foi emprego e benestar, algo que lles negou ata o día de hoxe”.
Candia lembra que cando o secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación de Lugo levou a cabo o plan de emprego, a comarca da Terra Chá tiña preto de 3.000 parados, o que supoñía o 11,2% da provincia, e ningún dos cidadáns pertencentes a estes municipios optou a este programa porque Besteiro privounos de participar.
No que atinxe a servizos sociais, a popular denunciou que Besteiro ten, a día de hoxe, bloqueada a residencia de Guitiriz, polo que está privando aos veciños de contar coa mesma e criticou que non responda nin obedeza a un convenio que o obriga a corrixir as deficiencias no proxecto da Casa da Botica nin responda a proposta da súa construción no lugar de Parga.
CONTA XERAL DO 2012
Candia lembrou que na conta xeral do ano 2012, Gómez Besteiro deixou partidas sen executar, o que significa, diñeiro sen comprometer na área de emprego; concretamente, 2.764.033 euros na partida para fomento do emprego e 1.998.626 euros no pacto provincial polo emprego, convertendo así a de Lugo, a única Deputación galega que se negou a asinar un programa de emprego en colaboración coa Xunta de Galicia.
Criticou a popular que o socialista esté viaxando polas comarcas da provincia, reuníndose con cidadáns e prometéndolles emprego e benestar, cando os ten totalmente discriminados nestes servizos e pregúntase por qué non se entrevistou con estes veciños meses atrás e desenvolveu un plan de emprego para todos eles.