Riotorto, 17 de xullo de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, viaxou hoxe a Riotorto onde puido comprobar como Gómez Besteiro paralizou novamente e por terceira vez as obras na estrada Marco de Alvare- As Rodrigas.
Acompañada polos deputados provinciais, José Manuel Yáñez Ginzo e Jesús Novo, así coma por represantes do PP de Riotorto, Elena Candia anunciou que o grupo provincial popular preguntará, na vindeira sesión plenaria provincial, a Gómez Besteiro, cal vai a ser a data do remate das obras en Marco de Álvare- As Ródrigas.
A popular tamén informou de que trasladará á coorporación provincial as preocupacións dos veciños de Riotorto polo retraso nestas obras posto que se trata dunhas estrada prioritaria para o municipio xa que soporta o maior número de tráfico diario e ser o único enlace coa capital lucense
Así as cousas, Elena Candia informou de que a Deputación de Lugo, por decreto do día 10 de marzo de 2014, paralizou as obras, achacando esta parálise as malas condicións meteorolóxicas e aprobou, en resolución do 31 de marzo, a acta de reinicio das construccións, concedendo unha prórroga ata o 5 setembro de 2014. “Queremos saber por qué a día de hoxe as obras siguen paradas tendo en conta que as condicións meteorolóxicas son boas”- esgrimiu.
Resumo cronolóxico das obras
Os populares pediron en varias ocasións explicacións sobre estas obras, solicitando unha resposta inmediata por parte de Gómez Besteiro aos veciños de Riotorto que están a espera de que remate unha obra que fora xa adxudicada no ano 11 de maio de 2007, resolvendo o contrato o 12 de novembro de 2010 por demora da Deputación á hora de levar adiante o procedemento pertinente.
As citadas obras adxudicáronse novamente o 25 de febreiro de 2011, cun prazo de execución de 6 meses, sendo paralizadas en reiteradas ocasións ata que en xunta de goberno de 22 de marzo de 2013 se inicia o expediente de resolución de contrato, tras que a empresa comunicara á Deputación en outubro de 2012 que entrara en preconcurso de acreedores.
En abril de 2013, ainda estaba pendente de executar, o 55% do orzamento inicial que eran 1.037.000 euros e o 14 de xuño dese mismo ano, apróbase un proxecto de modificado que foi cando o PP lle preguntou a Besteiro se consideraba suficiente a consignación asignada para o remate de dita obra cando existían informes que avalaban un importe pendente de executar superior orzamentado
Marzo 2014. Nun decreto do día 10 de marzo de 2014, Besteiro paraliza as obras, achando esta parálise as malas condicións meteorolóxicas e apróbase en resolución do 31 de marzo a acta de reinicio das construccións, concedendo unha prórroga ata o 5 setembro de 2014. (O PP quere saber por qué a día de hoxe as obras están paradas tendo en conta que as condicións meteorolóxicas son boas)
Os populares tamén esixen explicación ao goberno local
O PP de Riotorto a través do seu presidente, Clemente Iglesias, tamén lle esixe ao goberno bipartito municipal que dea explicacións ante esta situación xa que “son os responsables políticos do pobo e por iso teñen que dar a cara antes os veciños e explicarlles cales son os problemas do acondicionamento desta estrada”.
O popular lembrou que o seu grupo municipal está a demandar dende fai tempo a reanudación dos traballos do vial, “ e tanto a Deputación como o goberno local miran para outro lado sen dar unha resposta as nosas demandas”, tratándose dunha estrada prioritaria para o municipio de Riotorto.