Monterroso, 16 de xullo de 2014.- A voceira do PP de Monterroso, Pilar Varela, salientou esta mañá que o municipio poida participar nun obradoiro de emprego malia a ser un concello non gobernado polo Partido Popular.
Varela lembrou que este obradoiro foi concedido pola Xunta de Galicia, para esta anualidade, quen investiu 180.000 euros para este fin e que supón “un claro exemplo de que o goberno galego traballa polas necesidades de todos, independentemente a súa cor política”.
Comparou o popular o trato igualitario do executivo galego co sectarismo da Deputación de Lugo quen so vela polos intereses dos que pertencen a súa cor política e como proba disto puxo de exemplo o plan provincial de emprego, un programa levado a cabo por Besteiro e que discriminou a todos os concellos da provincia gobernados polo PP, agás Quiroga, e no que contratou tan só a oito veciños.
Destacou a popular que Monterroso, xunto con Portomarín, Antas de Ulla, Palas de Rei e Taboada, desenvolverán un obradoiro de albanelería e xardinería que permitirá a 20 parados lograr un posto de traballo.
Concluíu Pilar Varela insistindo en que estes datos contrastan co reparto “sectario e partidista” efectuado polo bipartito do Organismo Provincial, no que Besteiro deixou fóra do seu plan de emprego a todos os concellos gobernados polo PP na provincia de Lugo, agás a un.