Partido Popular de Lugo

O PP de Riotorto resalta que o concello conte cun obradoiro de emprego gracias á Xunta

Riotorto, 16 de xullo de 2014.- Logo de ser coñecedores de que a Xunta de Galicia concede a Riotorto un obradoiro de emprego, o presidente dos populares neste municipio, Clemente Iglesias, manifestou que gracias á axuda do Goberno Galego, varias persoas lograrán un posto de traballo.

Iglesias explicou que Riotorto, xunto con Castroverde, A Pastoriza, Baleira e Pol desenvolverán, conxuntamente, un obradoiro de xardinería e albanelería, para o cal se contratarán a 20 persoas que actualmente se atopan en situación de desemprego.

O popular resaltou os 180.000 euros que destina a Xunta de Galicia para levar a cabo este obradoiro e comparou o trato igualitario do executivo galego co sectarismo da Deputación de Lugo quen so vela polos intereses dos que pertencen a súa cor política.

Como proba deste partidismo, o popular, puxo de exemplo o plan provincial de emprego, un programa levado a cabo por Besteiro e que deixou fora a todos os concellos da provincia gobernados polo PP, agás ao de Quiroga, e no que contratou tan só a oito veciños.

Concluíu o popular informando que os riotortenses interesados en participar, teñen que acudir, antes do 23 de xullo, a oficina de emprego de Mondoñedo para cubrir a solicitude.