Partido Popular de Lugo

O PP de Mondoñedo insta a Orlando González a que elabore e publique un plan de traballo de desbroces no casco urbano e no rural

Mondoñedo, 16 de xullo de 2014.- O Partido Popular instará no próximo pleno local ao alcalde da localidade, Orlando González, para que elabore e posteriormente publique un cronograma de traballo para a limpeza e desbroce tanto no casco urbano como no rural do municipio.

Os populares explican que son moitas as queixas que lles achegan veciños e visitantes ante o estado de abandono que sufre o casco histórico e a existencia de maleza no rural que fai intransitables moitas das vías municipais.

Deste xeito, os populares requiren o deseño dun plan de traballo que garanta a limpeza e roza nos municipios, e matizan na súa moción que “este se cumpra de xeito urxente”.

Na iniciativa plenaria os populares tamén piden que se faga pública esta cronoloxía e lembran que o Partido Popular de Mondoñedo leva insistido moito na necesidade de que a utilización dos medios do Concello teñan unha planificación coñecida por todos e poda, deste xeito, cada parroquia saber cando van a ser rozados os seus camiños. 

Os populares explican que o Concello dispón dos medios necesarios para realizar estas labores de desbroce na localidade xa que a maiores da brigada de incendios (subvención de preto de 30.000 euros concedida pola Xunta) a administración local tamén conta cun tractor municipal.

Deste xeito, dende o Partido Popular de Mondoñedo vense na obriga de reprobar unha vez máis o estado lamentable e de abandono que presentan tanto parcelas do casco urbano como as vías municipais. Unha circunstancia que reincide negativamente tanto na seguridade como no sector turístico, cun incremento dos visitantes nos meses des verán que se acercan a Mondoñedo co propósito de coñecer a vila.

Co obxecto de mellorar o impacto no turismo e garantir a seguridade; na moción os populares tamén piden que se axilice o restablecemento da seguridade nas inmediacións do entorno do Seminario e da Catedral; tras a obra realizada nesta localización e que deixou, entre outros, bloques de pedra no medio da calzada.