O Valadouro, 15 de xullo de 2014.- O presidente do PP de O Valadouro, José Manuel Lamela, resaltou esta mañá o compromiso da Xunta de Galicia en materia de emprego e aplaudiu que o municipio conte cun obradoiro de emprego concedido pola Xunta de Galicia.
O popular afirmou que esta acción corresponde ao bo facer do executivo galego e a aplicación dun trato igualitario para todos os concellos e cidadáns, sexan da cor política que sexan.
Lamela contrapuxo esta política de “igualdade para todos” ao sectarismo e partidismo que aplica a Deputación de Lugo, quen tan só goberna para os concellos da súa cor política e proba disto viuse no plan de emprego provincial, “un programa levado a cabo por Besteiro e que deixou fora a todos os concellos da provincia gobernados polo PP, agás Quiroga, e no que contratou tan só a oito veciños”.
Lembrou o popular, que este obradoiro foi concedido pola Xunta de Galicia, para esta anualidade, quen investiu 180.000 euros para este fin e que supón “un claro exemplo de que o goberno galego vela polas necesidades de todos”.
Destacou o popular que O Valadouro, Foz, Alfoz e Mondoñedo, desenvolverán, conxuntamente, un obradoiro nas especialidades de viveirismo xeral, xardinería, escaiola e pintura, que permitirá a 20 parados lograr un posto de traballo.