Partido Popular de Lugo

PP de Pol pon en valor que o concello contará cun obradoiro de emprego concedido pola Xunta

Pol, 11 de xullo de 2014.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, salientou esta mañá que o municipio poida participar nun obradoiro de emprego malia a ser un concello non gobernado polo Partido Popular.

Lenza López lembrou que este obradoiro foi concedido pola Xunta de Galicia, para esta anualidade, quen investiu 180.000 euros para este fin e que supón “un claro exemplo de que o goberno galego vela polas necesidades de todos, independentemente a súa cor política”.

Comparou a popular o trato igualitario do executivo galego co sectarismo da Deputación de Lugo quen so vela polos intereses dos que pertencen a súa cor política e como proba disto puxo de exemplo o plan provincial de emprego, un programa levado a cabo por Besteiro e que deixou fora a todos os concellos da provincia gobernados polo PP, agás Quiroga, e no que contratou tan só a oito veciños.

Destacou a popular que Castroverde, A Pastoriza, Baleira, Riotorto e Pol, desenvolverán conxuntos un taller de xardinería e albanelería que permitirá a 20 parados lograr un posto de traballo.

Concluíu Lenza López insistindo en que estes datos contrastan co reparto “sectario e partidista” efectuado polo bipartito da Deputación de Lugo, onde Besteiro deixou fóra do seu plan provincial de emprego a todos os concellos gobernados polo PP na provincia de Lugo, excepto a oito  veciños de Quiroga.