Partido Popular de Lugo

López Penabad agradece a total implicación da Xunta envorcada na protección do tesouro natural e turístico de As Catedrais

Ribadeo, 12 de xullo de 2014.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, agradeceu hoxe a total implicación da Xunta  envorcada na protección do tesouro natural e turístico da praia, das Catedrais.

O popular fixo estas declaracións no marco da visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen se trasladou á localidade para dar conta do plan presentado o pasado xoves no Consello da Xunta e dirixido a salvagardar e conservar o entorno do areal de Augas Santas.

López Penabad quixo agradecer a preocupación que teñen demostrado desde a Xunta que, por primeira vez, adopta un amplo catálogo de medidas de protección para garantir que este espazo sega a ser un reclamo de primeira magnitude no so da comarca senón de Galicia.

FROITO DO TRABALLO DE MESES

O popular que salientou que a nova conselleira de MATI empeza con forza tomando cartas ante unha situación que xeraba preocupación, sinalou que o plan é o froito dun elaborado estudo desenvolvido nos últimos meses e expresou, en consecuencia, a súa gratitude tamén pola implicación de moi distintos departamentos que contribuíron a facelo realidade e que hoxe estiveron presentes no acto, a través dos seus máximos responsables, como son a Axencia de Turismo de Galicia e a dirección xeral de Conservación da Natureza

ABERTO Á PARTICIPACIÓN

Para López Penabad resulta moi positivo que o plan de conservación naza aberto ás achegas e participación da sociedade e nese senso aplaudiu a presenza das principais asociacións veciñais da zona. Todo iso con independencia de que a Xunta adopte desde xa, distintas accións de urxencia que se porán en marcha de inmediato, o vindeiro luns, e que implican investimentos moi relevantes.