Partido Popular de Lugo

Candia: “os veciños da comarca de Chantada e Ulloa reclamáronlle a Besteiro emprego, algo que lles negou no seu anterior programa a pesar de haber preto de 1.500 parados naquel momento”

Lugo, 12 de xullo de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, lamentou esta mañá que Gómez Besteiro siga na súa liña de falsidades e insistiu en que as xuntanzas que o socialista está levando a cabo por toda a provincia son un “tapadilla” para intentar disimular a súa nula e nefasta xestión.

Candia puxo de manifesto que os veciños da comarca de Chantada e Ulloa reclamáronlle a Gómez Besteiro emprego, algo que él mesmo lles negou no seu anterior programa a pesar de haber preto de 1.500 parados naquel momento.

Lembra a popular que naquel entonces había 1.485 parados en ámbalas dúas comarcas e ningún dos veciños puido optar a selección do Plan de Emprego da Deputación porque Gómez Besteiro privounos de participar.

“Os veciños destas comarcas pedíronlle a Besteiro o que él lles privou anteriormente”- lembra a popular, quen denuncia que, agora, o secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación, acuda a estas comarcas a reunirse con cidadáns e a prometerlles plans de emprego, cando os discriminou no seu día.

Así as cousas, a popular pregúntase por qué Besteiro non se entrevistou antes con este veciños destas comarcas, cando existía un número elevado de desempregados, e sen embargo, levou a cabo un plan de emprego que os deixou fora de optar a un posto de traballo.

Por outra banda, Elena Candia criticou tamén, que Gómez Besteiro fale de apoios ao rural cando da as costas aos veciños destas zonas, e proba diso viuse nas estradas provinciais destes lugares, as cales agonizaban, e algunhas aínda agonizan a día de hoxe, polas fochancas presentes e a falta de conservación e desbroce nas cunetas.

A voceira dos populares na Deputación lembrou que na conta xeral do ano 2012, Gómez Besteiro deixou partidas sen executar, o que significa, diñeiro sen comprometer na área de emprego; concretamente, 2.764.033 euros na partida para fomento do emprego e 1.998.626 euros no pacto provincial polo emprego, convertindo así a de Lugo, como a única Deputación galega que se negou a asinar un programa de emprego en colaboración coa xunta. 

Candia insistíu en que os veciños cos que se reuniu Besteiro, pedíronlle o que lles negou no seu día, e algo polo que os populares mostraron, naquel entonces, as súas reivindicacións e críticas, posto que consideraban que o secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación de Lugo estaba a xogar cos desempregados.

Concluíu a popular  afirmando que ante esta realidade, estas xornadas demostran que son simplemente un paripé e unha posta en escena porque ata o de agora Gómez Besteiro fixo oídos xordos a estas e outras reivindicacións.