Partido Popular de Lugo

BALSEIRO PREGUNTARÁ NO PARLAMENTO POLAS RENUNCIAS DOS ALCALDES DE RIBADEO E O VALADOURO ÁS BRIGADAS CONTRAICENDIOS

A Mariña, 12 de xullo de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que se interesa polas renuncias dos alcaldes de Ribadeo e O Valadouro ás brigadas forestais.

O deputado quere que a Xunta confirme, en sede parlamentaria, as circunstancias que teñen acontecido nestes dous concellos da nosa comarca para que os seus rexedores sexan os responsables de ter prescindido en plena época de alto risco, deste servizo de prevención e extinción de lumes forestais.

TRASLADA A POLÉMICA AOS PARLAMENTO

Balseiro traslada ao Parlamento esta problemática despois de confirmarse, xa de xeito oficial, que nin Ribadeo nin Valadouro contrataran ao persoal necesario para realizar estas importantes tarefas todo iso a pesares de que a Xunta financiaba ata o 75% do custos destas brigadas e de que estes dous serán os únicos concellos da Mariña que teñen renunciado a esta axuda.

O portavoz de Montes do Grupo Popular que, tras coñecerse as primeiras informacións relativas á perda das brigadas contraincendios en Ribadeo e O Valadouro non dubidou en cualificar a actitude dos equipos de goberno municipais de ambos concellos de imprudencia temeraria, vai máis aló e ratifica que estes feitos son un acto de irresponsabilidade, moi especialmente en dous concellos con alta incidencia dos lumes forestais nos últimos tempos.

Balseiro sinala -para finalizar- que unha vez se confirme por parte da Xunta de Galicia no Parlamento a falta de interese para a constitución das brigadas por parte do alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia e do socialista Edumundo Maseda, alcalde de O Valadouro, sería preciso depurar responsabilidades políticas