Lugo 11 de xullo de 2014.- O grupo provincial popular denunciou, esta mañá, que Gómez Besteiro desoia ao Valedor do Pobo e continúe sen detallar o concepto das facturas.
Os populares lembran que logo de que Gómez Besteiro encriptase nos decretos de Presidencia o concepto dos gastos, presentaron unha queixa ao Valedor e este doulle a razón, pedíndolle ao socialista que mellorase o nivel de detalle informativo e volvese a práctica anterior, máis transparente, cando se incluía nos decretos os conceptos ou causas dos pagos.
O GPP insistiu en que con esta práctica, iniciada pola Deputación, sen razóns xustificadas, e tras facerse público que Gómez Besteiro invitou a comer a 288 sindicalistas con cartos dos lucenses, trala celebración de dous congresos do sindicato UXT, nos decretos de pago non constan o concepto dos abonos, algo que consideran un sistema opaco e nada transparente.
O grupo provincial popular desconfía deste sistema e pregúntase qué agacha Gómez Besteiro tras continuar sen detallar o concepto das facturas.