Lugo, 11 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, insistiu hoxe que nos últimos anos veñen denunciando que a comarca da Mariña é a gran esquecida polas políticas de emprego da Deputación de Lugo.
De feito, lembrou que Besteiro, “coa complicidade do PSOE e do BNG”, deixou a todos os concellos da Mariña fóra do plan provincial de emprego, coa única excepción de A Pontenova na que autorizou a contratación de 8 persoas”
Segundo indicou Balseiro, esta situación de desprezo aos nosos parados por parte da Deputación “contrasta cos apoios da Xunta” xa que o Goberno galego vén de anunciar o investimento na comarca da Mariña de 710.000 euros a repartir entre 13 concellos para a posta en marcha dos obradoiros de emprego. A través destes programas un total de 80 persoas desempregadas poderán participar e beneficiarse dos mesmos, acadando as oportunidades laborais que a Deputación lles nega.
SEN DISCRIMINACIÓN POLA COR POLÍTICA DOS ALCALDES
Balseiro explicou tamén que mentres a Deputación non permitiu a ningún concello con alcalde do PP participar no plan provincial de emprego. A Xunta non fai discriminación en función da cor política dos gobernos locais, polo que tres concellos con alcaldes do PSOE ou do BNG si terán obradoiros de emprego. Este é o caso de O Valadouro, Riotorto e Mondoñedo.
O dirixente popular sinalou que hai dúas formas moi distintas de gobernar: a de Besteiro, a do PSOE e BNG na Deputación de Lugo, que empregan os os recursos que son de todos os lucenses con fins partidistas e da Xunta que achega os apoios a todos os concellos posibles en base a criterios obxectivos
MÁIS APOIOS DA XUNTA AOS DESEMPREGADOS
Aos obradoiros de emprego habería que engadir outras liñas de axuda do Goberno galego para os concellos da comarca como é o caso do plan de cooperación que, por exemplo, este mesmo verán, permitiu a contratación de 87 socorristas.
Tamén poderían sumarse os postos de traballo xerados trala entrada en funcionamento das brigadas contraincendios, subvencionadas polo Goberno galego, aínda que neste caso, cómpre lembrar que hai alcaldes como os de Ribadeo ou O Valadouro que se toman o luxo, e os desprezo para os seus veciños parados, de non solicitalas.
“A Mariña si conta para as políticas de emprego da Xunta”-concluíu Balseiro.