Partido Popular de Lugo

O GPP lémbralle a Besteiro que o mantemento das súas estradas é unha obriga

Lugo 4 de xullo de 2014.- Tras celebrarse a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo e onde o Señor Besteiro anuncia a bombo e platillo o plan de conservación de estradas, o grupo provincial popular lémbralle a Gómez Besteiro que o mantemento das súas estradas é unha obriga.

Os populares lamentan que Gómez Besteiro continúe coa súa manipulación mediática posto que as cifras que está anunciando, 18.2 millóns de euros para conservación de estradas, son unha obriga que saca a contratación por 4 anos.

Neste senso os populares igualan este feito co pago da colección Álvaro Gil e lembran que debido a esta mala xestión non se recupera a totalidade da colección a vez que planifica o pago para corporacións futuras.

Os populares insiste en que Gómez Besteiro abandona as súas competencias, á vez que ten totalmente desatendidos os concellos polo que lamentan que a provincia de Lugo siga tendo que costear as campañas publicitarias de imaxe dun presidente que ten a cabeza noutro sitio.