Partido Popular de Lugo

Gómez Pallín: “Arias volve privar ao Concello dunha brigada e impide que entre 8 e 12 persoas logren un posto de traballo”

Castroverde, 4 de xullo de 2014.- A voceira do PP de Castroverde, Gómez Pallín,  denunciou esta mañá que o rexedor deste municipio volvese a privar ao Concello dunha brigada contraincendios e desaproveitase a oportunidade de xerar postos de traballo no concello.

Denunciou a popular que foi a nula e nefasta xestión de Xosé María Arias a que trae consigo perder, por segundo ano consecutivo, o dispositivo e a posibilidade de xerar postos de traballo en Castroverde.

Criticou Gómez Pallín que o ano pasado, o rexedor impediu a contratación dentre catro e seis persoas e lamentou que este ano repita esta irresponsabilidade, o que suma entre as dúas anualidades, que entre oito e doce persoas non poidan conseguir un posto de traballo.

Denunciou a popular que o municipio perda a brigada contraincendios e a oportunidade de crear postos de traballo por culpa da irresponsabilidade do rexedor, quen non solicitou o dispositivo malia a ser subvencionado pola Xunta de Galicia.

A popular concluíu afirmando que esta nula xestión priva ao Concello de Castroverde de contar cunha axuda superior aos 30.000 euros para contratar persoal, cun 75% do seu custe salarial subvencionado pola Consellería de Medio Rural e Mar.