Partido Popular de Lugo

Ángel Camino: “Mentres os deputados socialistas se adican a facer excursións e fotos, eu adícome a xestionar”

O Incio 3 de xullo de 2014.- O deputado autonómico, Ángel Camino, manifestou esta mañá que a foto dos socialistas en O Incio chega tarde e afirma que mentres os deputados do PSOE se adican a facer excursións e fotos, él opta pola xestión.

Neste senso, o popular lembra que o pasado luns día 30 de xuño, presentou unha iniciativa para o seu rexistro no Parlamento interesándose pola situación do pavimento das estradas: LU-642 dende o quilómetro 2 ao 8, no lugar de Goo; así como o tramo restante dende O Hospital de O Incio a Ferrería e tamén da LU-653 que discorre dende o Hospital a Pobra do Brollón.
 
Camino afirmou que mentres os deputados socialistas viaxaron onte ao Incio para tomar imaxes do fermoso paisaxe, él viaxou a Santiago de Compostela para, ás 17:30, reunirse coa Conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas.

Conclúe o popular manifestando que, tanto a foto de onte, como realizada o 6 de febreiro, dos deputados socialistas en O Incio, declinan única e exclusivamente, a utilización de bonitos paisaxes para a súa promoción.