Partido Popular de Lugo

O paro rexistrado volve a reducirse na provincia de Lugo por riba da media galega e estatal

Lugo, 2 de xullo de 2014.- Os populares lucenses veñen de valorar os últimos datos de emprego coñecidos hoxe e que, no caso da provincia de Lugo, indican que volve a reducirse o paro rexistrado e que o fai a un ritmo superior á media galega e estatal.

No mes de xuño 1.465 lucenses deixaron de formar parte das listas do servizo público de emprego (antigo INEM) o que representa unha redución do 5,57%, case dous puntos superior a caída do paro en Galicia e tres puntos por baixo da media estatal.

Se tomamos como referencia os datos anuais a evolución tamén é positiva, son 2.868 lucenses os que abandonaron as listas do paro, nos últimos doce meses, isto é unha redución superior ao 10%

SEGURIDADE SOCIAL E CONTRATACIÓNS INDEFINIDAS

Se analizamos as cifras da seguridade social, o número de cotizantes na provincia elévase ata 115.086, con 828 novas altas en xuño, un 0,72%

Se ben é certo que, de xeito habitual, o mes de xuño é positivo en canto a creación de emprego –motivado polas contratacións da época estival- estas cifras tamén son positivas no tocante á creación de emprego estable, xa que hoxe hai un 44,23% de contratos indefinidos máis que fai doce meses

Ademais nesta ocasión, o número de contratacións efectuadas no mes de xuño tamén é superior á media galega e estatal. Nos últimos 30 días asináronse 1.693 contratados na provincia de Lugo, un 5.57% máis. A cifra internual é de 2.163 novas contratacións, un 31,99% máis que fai un ano.

EVOLUCIÓN POR PROVINCIAS

Os populares din que o paro segue a ser a súa principal preocupación e que seguirán traballando para combater esta lacra e por afianzar a tendencia de creación de emprego que reflicten as últimas estatísticas. Sinalan que aínda nunca se pode ser triunfalista, xa que un só parado implica unha situación persoal e profesional complicada, aínda asi está empezando a verse unha aceleración do rito de baixada do paro que, no caso da provincia de Lugo, supera ademais o do resto das provincias galegas.

Evolución mensual do paro rexistro por provincias

LUGO -5,57%
A CORUÑA -4,36%
OURENSE -4,16%
PONTEVEDRA -3,78%