Partido Popular de Lugo

Jose Álvarez: “ O Incio perde, por segundo ano consecutivo, a brigada forestal pola irresponsabilidade da rexedora”

O Incio, 2 xullo de 2014.- O presidente do PP de O Incio, Jose Álvarez, denunciou esta mañá que a alcaldesa volvese a privar ao concello dunha brigada contraincendios e desaproveitase a oportunidade de xerar postos de traballo no municipio.

Denunciou o popular a irresponsabilidade e incompetencia de Celeiro, quen, por segundo ano consecutivo, non solicitou a brigada, o que trae consigo perder o dispositivo e impide xerar entre catro e seis postos de traballo no municipio.

Lamenta o presidente dos populares, que por segundo ano consecutivo, se perda a brigada contraincendios e a oportunidade de xerar postos de traballo por culpa de Laura Celeiro, posto que non solicitou o dispositivo malia a ser subvencionado pola Xunta de Galicia, concretamente, pola Consellería de Medio Rural e Mar.

O popular concluíu que esta nula xestión priva ao Concello de O Incio de contar cunha axuda superior aos 30.000 euros para contratar persoal, cun 75% do seu custe salarial subvencionado polo departamento que dirixe Rosa Quintana.