Pedrafita, 1 de xullo de 2014.- O voceiro do PP de Pedrafita, José Fernández, valorou moi positivamente que o municipio conte cunha brigada forestal nesta época de alta perigosidade e risco de incendios.
O voceiro dos populares neste concello de A Montaña resaltou que o municipio conta con este servizo gracias á Xunta de Galicia, posto que foi a encargada de subvencionar o servizo.
Aclarou o popular que os preto de 32.000 euros, concretamente 31.638 euros, que destinou a Consellería de Medio Rural e do Mar, permitiu, a contratación de seis operarios, para levar a cabo as tarefas de prevención e vixilancia, durante os tres meses de verán.
Salientou Fernández a importancia destas brigadas, xa que están constituídas por profesionais de emerxencia inmediata para desenvolver diversas funcións, entre as que se atopan, o control da propagación dos lumes e evitar a maior virulencia dos danos.
Asemade, agradeceu o apoio da Consellería de Medio Rural e Mar nun tema tan importante e sensible como é a prevención e loita contra os incendios e destacou que estes dispositivos están constituídos por profesionais de emerxencia inmediata para desenvolver diversas funcións, entre as que se atopan, o control da propagación dos lumes e evitar a maior virulencia dos danos.