Partido Popular de Lugo

López Penabad reclama a Besteiro a limpeza e desbroce nos viais de acceso ás praias das Catedrais

Ribadeo 1 de xullo de 2014.- Repletas de maleza e ocupando a meirande parte da estrada. Así se atopan os viais provinciais de acceso as praias das catedrais en Ribadeo. Unha situación froito da deixadez, pasividade e irresponsabilidade de Gómez Besteiro, quen outra vez, demostra que os seus anuncios quedan en papel mollado.

Porén e debido a esta situación, o presidente do PP de Ribadeo, reclamou esta mañá ao presidente da Deputación, como responsable destas calzadas, a limpeza e desbroce destes viais de acceso a estas praias e urxiuno a levar a cabo estes traballo de mantemento e conservación de xeito inmediato e antes de que aconteza algunha desgraza.

Alertou López Penabad da perigosidade desta situación posto que os viandantes invaden a estrada porque,  as calzadas, ou ben carecen de arcéns ou se atopan repletos de maleza, o que os obriga a pasear polo medio do vial, expoñéndose a un perigo constante.

Ademais, o popular lamentou a mala imaxe que levan da zona os miles de turistas que acoden a Ribadeo para visitar estas praias, uns areais considerados como xoias paisaxísticas pero que sen embargo acceder a eles supón un serio perigo.

O popular apuntou a que esta situación de deixadez é extensible a outros viais da zona polo que instou tamén ao goberno local, concretamente ao rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, a requirirlle a Deputación de Lugo, que acometa estes traballos na maior brevidade posible e antes de que suceda algunha desgraza.