O Valadouro, 1 de xullo de 2014.- O presidente do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela dixo hoxe que si xa é suficientemente grave que o alcalde perda as brigadas contraincendios este verán, moito máis grave aínda é constatar, que por riba de todo, intentou enganar aos veciños.
Así o asegurou logo do desmentido oficial que proba que eran falsas -e polo tanto que mentiu- as afirmacións realizadas polo socialista Edmundo Maseda e nas que atribuía a un erro administrativo o atraso da solicitude e disposición destas brigadas municipais.
O portavoz popular pensa que o alcalde non dá a talla e non é capaz de sacar adiante os asuntos e trámites máis básicos da xestión municipal e que son todos os veciños os que sofren esta incompetencia, neste caso, coa perda dun servizo esencial na prevención e loita contra o lume e na posibilidade de xerar postos de traballo subvencionados pola Xunta.
Lamela ironiza sinalando que o tripartito que prometeu cambiar todo no Valadouro está facéndoo, pero a peor, e lembrou que esta é a primeira vez na historia na que O Valadouro no contará con brigada contraincendios, servizo que sempre se solicitou e puxo en marcha cando o Partido Popular tiña a responsabilidade do goberno local.