Partido Popular de Lugo

Ángeles Lenza lamenta que Pol non conte con brigada forestal debido a irresponsabilidade do rexedor

Pol, 1 de xullo de 2014.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, lamentou que o municipio non conte co servizo de brigadas forestais debido a incompetencia e irresponsabilidade do rexedor, quen no solicitou este servizo malia a ser subvencionado pola Xunta de Galicia.

A popular achaca a perda deste servizo ao pasotismo e nula xestión de Lino Rodríguez, quen privou a Pol dun servizo esencial, máxime nesta época, e de contar cun investimento superior aos 30.000 euros destinados á contratación de entre catro e seis traballadores, cun 75% do seu custe salarial subvencionado pola Administración Autonómica.

Lenza López lamentou que Pol sexa un dos poucos concellos de toda a comarca que perdan esta oportunidade e sinalou á irresponsabilidade do actual equipo de goberno local por non preocuparse por este servizo máxime cando iniciamos a campaña de alto risco de incendios.