Partido Popular de Lugo

Roldán: “Martínez priva a Becerreá dunha brigada contraincendios e desaproveita a oportunidade de contratar a persoal”

Becerreá, 30 de xuño de 2014.- A voceira do PP en Becerreá, María Jesús Roldán, denunciou esta mañá que o rexedor prive ao municipio dunha brigada contraincendios e desaproveite a oportunidade de xerar postos de traballo no Concello.

“Quen con frecuencia está queixándose e criticando á Xunta de Galicia, non solicitou a brigada forestal malia a ser subvencionada pola Consellería de Medio Rural e do Mar”- manifestou a popular, quen denunciou a irresponsabilidade e a incompetencia do rexedor.

Ademáis, criticou Roldán, con esta actuación, o Señor Martínez está desaproveitando a oportunidade de xerar entre catro e seis postos de traballo no municipio e dotar ao concello deste servizo.

Concluíu a voceira dos populares lamentando esta nula xestión prive ao Concello de Becerreá de contar cunha axuda superior aos 30.000 euros para contratar persoal, cun 75% do seu custe salarial subvencionado pola Xunta de Galicia, concretamente pola Consellería de Medio Rural e Mar.