Fonsagrada, 30 de xuño de 2014.- O voceiro do PP de Fonsagrada, Tobías Martínez, puxo en valor, esta mañá, os preto de 30.000 que destina a Xunta de Galicia para a contratación de cinco brigadistas ao longo de tres meses.
O popular salientou que a través desta iniciativa, o concello de Fonsagrada poderá contratar a cinco persoas para levar a cabo traballos de prevención e extinción de lumes.
Tobías Martínez lembrou que o obxectivo destas brigadas municipais é desenvolver accións de prevención e defensa contra incendios forestais, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes lumes a través da optimización no uso dos recursos e do aproveitamento do mellor coñecemento que os distintos concellos teñen do seu territorio.
En canto ás funcións propias de vixilancia e loita contra os incendios, o voceiro dos populares neste concello de A Montaña afirmou que estas brigadas poderán integrarse e participar de maneira activa no dispositivo de extinción do distrito forestal que lle corresponde e concluíu que serán estas unidades, en moitas ocasións, as encargadas de levar a cabo a primeira intervención na maior parte dos lumes.