Partido Popular de Lugo

Pilar Varela: “Monterroso contará cunha nova motobomba e con seis brigadistas, gracias a Xunta de Galicia”

Monterroso, 27 de xuño de 2014.- A voceira do PP en Monterroso, Pilar Varela, destacou esta mañá o compromiso da Xunta de Galicia con este concello e valorou as accións que está a tomar o departamento de Rosa Quintana co fin de prever, vixiar e extinguir os incendios.

Varela afirmou que o concello de Monterroso contará cunha nova motobomba e con seis brigadistas forestais gracias ao Goberno Galego, quen dota ao municipio cun novo vehículo para reforzar o operativo de prevención e extinción de lumes.

Asemade, a popular destacou que os seis contratados para desempeñar estas labores forestais é unha realidade gracias á Xunta de Galicia, quen destina a este Concello da Ulloa preto de 32.000 euros para que esta contratación sexa posible.

Concluíu a voceira dos populares en Monterroso que as funcións das brigadas forestais son previr, vixiar e extinguir os lumes,  polo que a súa principal misión será desenvolver traballos de defensa contra os mesmos, así coma, lograr unha maior eficacia na súa loita.