Partido Popular de Lugo

Macía denuncia que Rábade perda, por segundo ano consecutivo, a brigada forestal pola irresponsabilidade do alcalde

Rábade, 27 de xuño de 2014.- A voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, denunciou esta mañá que o rexedor rabadense volvese a privar ao municipio dunha brigada contraincendios e desaproveitase a oportunidade de xerar postos de traballo no concello.

Denunciou a popular que foi a nula e nefasta xestión de Fernández Montes, quen, este ano, tampouco solicitou a brigada, a que trae consigo perder o dispositivo e a posibilidade de crear entre catro e seis postos de traballo no municipio.

Lembra a voceira municipal que o ano pasado, o rexedor, non solicitou a brigada, polo que, “ainda desconfiando moito, ata podíamos crer que o motivo de non solicitala se debese a un despiste”- manifesta Macía, quen engadiu que sendo coñecedores de que este ano tampouco solicitou a brigada, demostra claramente a falta de responsabilidade e a súa incompetencia.

Lamenta a popular que Rábade perda a brigada contraincendios e a oportunidade de xerar postos de traballo por culpa de Fernández Montes, quen insiste en que non solicitou o dispositivo malia a ser subvencionado pola Xunta de Galicia.

A popular conclúe afirmando que esta nula xestión priva ao Concello de Rábade de contar cunha axuda superior aos 30.000 euros para contratar persoal, cun 75% do seu custe salarial subvencionado pola Consellería de Medio Rural e Mar.