Partido Popular de Lugo

López Penabad critica as contradicións do rexedor, quen se queixa dos incendios pero sen embargo non solicita as brigadas

Ribadeo, 27 de xuño de 2014.- Ribadeo sufre outra vez máis a nefasta xestión do alcalde. Nesta ocasión, no tocante as brigadas forestais. A súa incompetencia trae consigo, desta vez, que o concello non conte con brigadas antiincendios nos meses de verán e que non se poida contratar persoal para desenvolver este servizo.

Esta situación fai que o presidente do PP de Ribadeo volva a saír a palestra para denunciar esta incompetencia do rexedor e para verter duras críticas pola súa nula xestión, xa que ademais de perder un dispositivo clave, perde a oportunidade de contratar a persoal, máxime tendo en conta o contexto actual que vivimos.

Se o tempo que dedica Suárez Barcia a “chorimiquear”, o dedicase a traballar,  non perdería cousas importantes para Ribadeo.

Jesús López Penabad criticou, tamén, as contradicións do rexedor, quen se queixa dos incendios pero sen embargo non solicita as brigadas.

“Esta é a tónica predominante do rexedor:  vitimismo e protesta”- lamenta López Penabad, quen critica que perda o tempo facendo demagoxia en vez de traballar.

Porén o popular insta a Suárez Barcia a que deixe esta matutina diaria, non perda o tempo en protestar e chorimiquear e dedique ese tempo perdido a non perder o importante, como foi neste caso as brigadas.

Un servizo moi necesario para Ribadeo

Jesús López Penabad lembrou que dase a circunstancia que este verán producíronse tres incendios neste concello de A Mariña, polo que considera imprescindible este servizo.

Lamentou o popular que Ribadeo perda a brigada contraincendios e a oportunidade de xerar postos de traballo por culpa de Suárez Barcia, quen non solicitou dito dispositivo malia a ser subvencionado pola Xunta de Galicia.

Esta incompetencia, conclúe o presidente dos populares neste municipio, trae consigo que o Concello de Ribadeo non conte cunha subvención superior aos 30.000 euros para contratar entre 4 e 6 traballadores, cun 75% do seu custe salarial subvencionado polo Goberno Galego, concretamente, pola Consellería de Medio Rural e Mar.