Pobra de Brollón 26 de xuño de 2014.- O voceiro do PP en A Pobra do Brollón, Fernando Parada, agradeceu esta mañá á Xunta de Galicia o apoio no tocante a prevención e loita contra os incendios.
Neste senso, o popular puxo en valor os preto de 32.000 euros, concretamente, 31.638,20 euros, que a Consellería de Medio Rural e Mar destinou a este municipio da zona sur da provincia.
Parada manifestou que esta subvención, concedida polo Goberno Galego, é a que fará posible a contratación de seis brigadistas forestais durante tres meses.
O popular lembrou que o obxectivo destas brigadas municipais é levar a cabo accións de prevención e defensa contra incendios forestais, de maneira que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes lumes a través da optimización no uso dos recursos e do aproveitamento do mellor coñecemento que os distintos concellos teñen do seu territorio.
Deste xeito, concluíu o voceiro dos populares en Pobra de Brollón, que as funcións destas brigadas forestais serán de prevención e de vixilancia.