Partido Popular de Lugo

PP de Samos aplaude os preto de 32.000 euros que permitirán contratar a seis traballadores para as brigadas forestais

Samos, 25 de xuño de 2014.- O voceiro do PP en Samos, Jose Aurelio López, aplaudiu, esta mañá, os 31.638 euros que destina a Consellería de Medio Rural e Mar e que permitirán que seis brigadistas forestais sexan contratados no Concello samoense.

O popular salientou que a través desta iniciativa, o concello de Samos poderá contratar a seis persoas para levar a cabo tarefas de prevención e extinción de lumes.

Recalcou o voceiro dos populares en Samos que as funcións destas brigadas son previr e vixiar polo que a súa principal misión será levar a cabo tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais, de xeito que se logre unha maior eficacia na loita contra estes lumes.

Concluíu o popular lembrando que estas unidades, son, en numerosas ocasións, as encargadas de levar a cabo a primeira intervención na maior parte dos lumes, polo que, están constituídas por profesionais de emerxencia inmediata para desenvolver funcións prioritarias para o control da propagación dos lumes e evitar a violencia dos danos.