Partido Popular de Lugo

O PP de Mondoñedo agradece os preto de 30.000 euros que concede a Xunta para a contratación de cinco brigadistas

Mondoñedo, 25 de xuño de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo agradeceu esta mañá os preto de 30.000 euros -27.184,68€-, que a Xunta de Galicia concederá ao municipio para a contratación dunha brigada de incendios.

Os populares explican que a implicación da administración autonómica co municipio permitirá a contratación de cinco brigadistas que durante os meses de verán participarán na prevención e defensa contra os incendios forestais.

Este novo compromiso da Consellería do Medio Rural garante que a administración local conte cos medios necesarios para levar a cabo as labores de roza e limpeza das vías, ao que engaden os populares que o Concello, a maiores, dispón dun tractor municipal.

Deste xeito, dende o Partido Popular de Mondoñedo úrxenlle ao alcalde que planifique os traballos de desbroce na localidade xa que dispón dos medios necesarios para facelo.

Polo tanto, o PP agradece unha vez máis a colaboración da Xunta de Galicia con Mondoñedo e espera que o goberno local sexan quen de aproveitar este investimento o mellor posible.