Partido Popular de Lugo

Medela salienta os preto de 32.000 que destina a Xunta para a contratación de seis brigadistas

Lugo, 25 de xuño de 2014.- O presidente do PP de Chantada, Javier Medela, puxo en valor, esta mañá, os preto de 32.000 que destina a Xunta para a contratación de seis brigadistas.

Medela salientou que a través desta iniciativa, o concello de Chantada poderá contratar a seis persoas para levara a cabo traballos de prevención e extinción de lumes.

O popular lembrou que o obxectivo destas brigadas municipais é desenvolver accións de prevención e defensa contra incendios forestais, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes lumes a través da optimización no uso dos recursos e do aproveitamento do mellor coñecemento que os distintos concellos teñen do seu territorio. Deste xeito, as funcións destas brigadas serán tanto de prevención como de vixilancia.

En canto ás funcións propias de vixilancia e loita contra os incendios, Medela afirmou que estas brigadas poderán integrarse e participar de maneira activa no dispositivo de extinción do distrito forestal que lle corresponde e lembrou que serán estas unidades, en moitas ocasións, as encargadas de efectuar a primeira intervención na maior parte dos lumes e polo tanto, están constituídas por profesionais de emerxencia inmediata que desenvolverán funcións indispensables para o control da propagación dos lumes e no intento de evitar a maior virulencia dos danos.