Partido Popular de Lugo

O GPP pediu límites ao oportunismo político de PSOE e BNG e reiterou o compromiso firme da Xunta co Hula

Lugo, 24 de xuño de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular pediu hoxe límites ao oportunismo político do PSOE e do BNG en asuntos de especial sensibilidade como é o sanitario e, en concreto, a dotación dos servizos de Hemodinánica, Medicina Nuclear e Radioterapia no Hospital Universitario Lucus Augusti. “O compromiso da Xunta de Galicia é firme para intervir neste hospital lucense”, matizou.

Os populares explicaron que o Grupo Popular no Parlamento de Galicia presentou unha serie de emendas que enriquecen o contido da ILP dirixida a garantir Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear en igualdade de condicións a todos os galegos. “É no Parlamento de Galicia onde serán debatidas estas emendas, alí é onde ten ser que ser e non desautorizaremos ao Parlamento galego”, matizaron.

Planificación de traballo

O GPP explicou que existe unha planificación e un traballo continuo por parte do goberno galego para dotar ao Hospital Universitario Lucus Agusti destes servizos, que neste momento xa dispón de Hemodinámica, mentres que están licitados por 88 millóns de euros o equipamento necesario para implantar Medicina Nuclear e Radioterapia.

A maiores, os populares lembraron a visita de tres empresas licitadoras que se acercaron ata o Hula para comprobar as instalacións onde irá Radioterapia e Medicina nuclear.

“As cifras demostran o traballo posto de manifesto polo PP en detrimento do PSOE e do BNG”, matizou o GPP, quen lembrou que o anterior goberno bipartito nos anos 2008 e 2009, “deixaron todo sen facer e tivo que ser un goberno popular o que investise 88 millóns de euros no Hula; 47 millóns para rematar o edificio e 41 millóns para mobiliario e equipamento”.

“O PP acordou o Plan Funcional e a construción do hospital no 1996; o PP en 1998 contratou o proxecto do hospital; o PP no 2002 iniciou os traballos de construción; e un Goberno popular rematou o novo hospital no 2010 que sería inaugurado no 2011”; enumeraron os populares na Deputación, que criticaron que “PSOE e BNG estean a utilizar politicamente un tema tan sensible, só para obter réditos electorais mentres os datos avalan a súa falta de compromiso”